Un ano mais o Festival Folclórico Internacional de Coruxo e o Grupo Etnográfico A Buxaina, queren convidarnos a presenciar do acto que cada ano ofrece, para disfrute de diversas culturas.
Dende hai anos o Festival Folclórico de Coruxo e o Grupo Etnográfico A Buxaina, reúnen varios grupos de persoas de tódolos recunchos do mundo para compartir e darlles a oportunidade de amosar as súas culturas, a súa música e as súas danzas. Con isto o festival pretende que toda persoa que se achege poida disfrutar duns momentos agradables e boa compaña. Disfrute de emocións e folclore, facendo da noite un espectáculo para encontros.
A presenza de cada un de nos será importante a hora de recompensar as distintas persoas que, disenteresadamente, teñen por meta facer de todo o espectáculo unha ledicia para nenos/as adolescentes e maiores.
O encontró terá lugar no campo do Bao, en Coruxo, ás 21:30h para coñecer o que outros países, tamén como o noso, queren dar a coñecer.
Comentarios
Publicar un comentario